Todavía están a venda as entradas para o OutberFest que celebraremos en Lagazós o día 7 de outubro.
Podes adquirilas en Mel e canela mais en Piscofino a un prezo de 10€ a entrada. Con ela accedes a un vaso serigrafiado e tamén a un sorteo de diferentes produtos.
Non perdas a oportunidade de gozar da auténtica festa tradicional da cervexa alemana con nós. Date prisa e compra unha das 100 entradas que están a venda.
Recoméndase vir caracterizad@ do traxe/vestido tradicional bávaro, xa que haberá concurso aos mellor caracterizad@s.
Os premios serán ceas en diferentes restaurantes.
Animádevos e ide encargando/mercando o voso traxe/vestido.
O vestido tradicional bávaro chámase «Dirndl» e os pantalóns de coiro chámanse «Lederhosen».
Contaremos con actividade para as diversas idades. Para os pequenos contamos coa colaboración da xente de Amarelas SCG:
“Xente pequena ,pasarémolo en grande nesta festa! Descubriremos curiosidades sobre esta celebración e sobre a contorna onde estamos, superaremos probas tolas, pintaremos as caras e… Seremos capaces de encher o pote de moedas de ouro? Vide probar sorte!!”
Que andaran a argallar?????
Acercarte a disfrutar do noso programa
Desde as 12 ata o remate da outoberFest.
Contaremos con: obradoiros para rapallada da man de amarelas S. Coop. G, showcooking para adultos de elaboración de sauerkraut (chucrut) e salchicas veganas impartido por Patricia de Qichen, sorteos de certas por parte de Kalekoi, Cortes de Muar e Toupiña e sesión vermú a cargo de De Tazas.
Faremos unha parada para Xantar a típica comida alemá grazas a A Factoria do Lume, Namoreiras, Piscofino e Mel e Canela.
Xa pola tarde: Showcooking para a rapazada de elaboración de Pretzels por Patricia de Qichen, concurso de «comer cachorros quentes», concurso de «birrear», concurso «chegando ao inferno», concurso de caracterización, sesión folga na que habrá birras a 1€, sorteo de cestas cortesia de Mel e canela, Piscofino, Mariñeiras, Embutidos Lalinense e Toupiña e música ata o remate da festa!
Concurso de caracterización
Premio mellor caracterización de vestido infantil
(premio librería Dalvi)
Premio mellor caracterización de traxe infantil
(Premio librería Dalvi)
Premio mellor vestido adulto
(Premio Casa San Martín e Bar Polo)
Premio mellor traxe adulto
(Premio Taberna ALOLA)
Premio mellor parexa
(Premio Bodegón a Cunca e restaurante Dúas Liñas)
Premio mellor familia