As nosas cervexas
Produtos ecolóxicos de calidade
Toupiña une
ABV 5,9%
IBU 15 – 25
Toupiña dole
ABV 5,9%
IBU 17
Toupiña trele
ABV 5,9%
IBU 17
Toupiña candele
ABV 5,9%
IBU 17
Toupiña sumane
ABV 5,9%
IBU 17
Unha ale Trapense de profunda cor vermello-cobrizo, moderadamente forte, maltosa, complexa, con ricos sabores de malte, ésteres a froitas escuras ou secas, e lixeiro alcol mesturados xuntos nunha presentación que, aínda que maltosa, termina bastante seca.
Complexos e ricamente doces aromas a malte, posiblemente con toques a chocolate, caramelo e/ou tostado (pero nunca aromas torrados ou queimados).
Ésteres frutais moderados (xeralmente incluindo pasas e ameixas, as veces tamén cereixas secas). Os ésteres incluen as veces plátano ou mazá. Os fenois especiados e os alcoles superiores son comúns (poden incluir lixeiro clavo de olor e especias, pementa e notas como a rosas e perfume). As cualidades especiadas poden ser de moderadas a moi baixas.
O alcol, se está presente, é suave e nunca quente ou a solvente. Baixo a ningún aroma a lúpulo especiado, herbal ou floral, polo xeral ausente. A malte é máis prominente no balance con ésteres e un toque de alcol no soporte mesturados xuntos para unha armoniosa presentación.
Cor ámbar oscuro a cobre, con unha atractiva profundidade de cor vermello. Xeralmente clara. Escuma beige, grande, densa e cremosa de longa duración.
Cualidades similares ó aroma. Complexo sabor de malte media a media-plena que ainda ricamente doce no paladar, termina moderadamente seca.
Complexa interacción de malte, ésteres, alcol e fenois (sabores a pasas son comuns; sabores a froitas secas son benvidos; clavo de olor ou pementa especiada son opcionais).
O balance é sempre hacia a malte. Amargor medio-baixo que non persiste no retrogusto. Baixo sabor a lúpulo especiado, floral ou herbal é opcional, e non soe estar presente.
Corpo medio-pleno. Carbonatación media-alta, a cal pode influir na percepción do corpo. Baixa tibieza de alcol. Suave, nunca quente ou a solvente.
Orixinada nos mosteiros da Idade Media, foi revivida a mediados do 1800 despois da era Napoleónica.
Se utilizan comúnmente cepas de levadura belga propensas á produción de alcoles superiores, ésteres e compostos fenólicos.
Unha impresión de molienda complexa en graos, ainda que as versións tradicionais utilizan típicamente malte Pils belga con xarabe de zucre caramelizado ou outros zucres sen refinar que proporcionan gran parte do carácter.
Lúpulos tipo Saaz, tipo inglés ou Styrian Goldings son comúnmente utilizados. Tradicionalmente non se usan especies, ainda que o uso restrinxido está permitido (só para reforzar a intensidade de fondo).
OG: 1.062 – 1.075
FG: 1.008 – 1.018
IBUs: 15 – 25
SRM: 10 – 17
ABV: 6.0 – 7.6%
Unha ale baseada en trigo refrescante, elegante, saborosa, de moderada intensidade..
Moderada maltosidade doce, con aromáticos de trigo lixeiros, especiados e a grans, e con un pouco de acidez. Moderado perfume a comino, a cotío cunha complexa nota herbal, especiada ou pementada no fondo. Moderada froitosidade vivaz cítrica a laranxa. Un baixo aroma a lúpulo especiado-herbal. As especias mestúranse con aromas frutais, florais e doces e non son demasiado fortes.
Cor paxiza moi pálida a moi lixeiramente dourada. A cervexa é moi nublada pola bruma do almidón e/ou o lévedo, o que lle da unha aparencia leitosa, de aspecto branquecino-marelo. Espuma densa, branca, como a mousse. A retención de espuma é bastante boa.
Un estilo de cervexa con 400 años de idade que desapareceu en 1950.
Máis tarde foi revivida por Pierre Celis en Hoegaarden e medrou de forma constante en popularidade co tempo, tanto cos cervexeiros artesás modernos como cos produtores para mercados masivos, que a ven como unha cervexa estacional de verán algo frutal.
Ó redor dun 50% de trigo sen maltear e un 50% de malte de cebada pálida (usualmente malte Pilsen) constitúen a receita de grans.
Nalgunhas versións, emprégase ata un 5-10% de avea crúa. Especias de cilantro e
comino recén moído e cáscara de laranxa doce complementan o aroma doce. Lévedo ale propenso á produción de sabores suaves.
4% vol.
Unha ale de trigo alemá pálida e refrescante, con final seco, sensación en boca cremosa, con notas a banana e clavo de olor produto do lévedo.
Color ámbar medio a roxizo e escuma de persistencia media.
Aroma afumado que recorda ao chourizo e a cacheira.
Desde a edade de bronce creese que os celtas irlandes xa fabricaban cebada. Non foi ata o século XVIII cando se empezou a usar lúpulo para a sua produción.
5% vol.
Unha ale. Un muestrario de riqueza maltosa, complexidade e sabores intensos. Masticable e rica en corpo, con alcol cálido, unha agardable frutosidad ou interesante lúpulo.
Color ámbar medio a roxizo e escuma de persistencia media.
Aroma a arandos.
Unha ale estilo Barley Wine (traducido do inglés viño de cebada), proveniente de Inglaterra e que se elabora desde 1800.
6,5% vol.
Unha cervexa artesá ale tipo americana, color marelo turbio, espuma moi cremosa, burbulla moi fina e fácil de beber. Predomina o lúpulo tanto en nariz coma en boca, os lúpulos empregados son Perle, Nugget e Columbus.
Ben balanceada e limpa, é unha pinta refrescante sen sabores agresivos.
Cor amarilla turbia, cremosa, burbuxa moi fina.
O orixe deste estilo de cervexas "session IPA" surxen na seguda década do século XX, durante a Primeira Guerra Mundial.
4,3% vol.
Corpo lixeiro, rica e refrescante . Lixeira maltosidade e un amargor suave e un sabor final a caramelo. Carbonatación moderada.
Esta cervexa nace da renovación, por culpa da mala calidade e condicións das cervexas, da produción en Pilzen.
O 5 de outubro de 1842 foi o lanzamento deste novo estilo de Pilzen, creado por Josef Groll usando solo ingredientes locales.
Sen Gluten
4,8% vol.
Edición especial
Goza dun sabor único
Trátase da primeira cervexa con todos os ingredientes galegos, lúpulo ecolóxico e cebada (orxo) ecolóxica malteada. Serán series limitadas anuais de poucas unidades. Cada ano sairá unha tirada similar cun deseño de etiqueta diferente, realizado por artistas lalinenses.
Ingredientes Galegos
Lúpulo ecolóxico e cebada (orxo) ecolóxica malteada.
Aroma
Un prominente e intenso aroma a lúpulo.
Sensacións en boca
Corpo medio-lixeiro a media cunha textura suave. Carbonatación media alta.
Etiqueta
Deseñada neste ano por Nicolás González Aller, pintor lalinense.
Cervexa artesá
Primeiro produto co selo de artesanía alimentaria de Galicia.
Impresión xeral
Unha American Pale Ale (APA) decididamente lupulada e amarga.
Gradación alcohólica 6% vol.
1930 unidades de 33 cl e 203 unidades de 75 cl.