Cerveza Toupiña

Edit Content

A primeira cervexa ecolóxica de Galicia.

Contacto

As nosa historia

A orixe da cervexa da terra

Deixa que che fale de Toupa

Naquel vello complexo agrario galego, que ía esmorecendo nos últimos decenios do pasado século, aínda era posible atoparse con personaxes singulares, e TOUPA era un deles.

TOUPA era o meu parente por liña materna, ao que eu acompañaba de cativo polas agras de Lagazós, o seu dominio polas Terras de Lalín, ora gadañando ferralla, ora no Porral ou no Nabal cultivando hortalizas.

TOUPA respectaba os ritmos da terra, entendía as mensaxes que a mesma lle transmitía. Sempre rodeado de animais que eran, coma el, seres da Natureza.

Todos eses valores, que hoxe coñecemos como Agroecoloxía, xa adornaban a TOUPA.

¿Por qué Toupiña?

«Millo en Rodeiro e fabas en Lagazós, ¡Vaia por Dios!». Non queda outra que elaborar cervexa.

Tamén ten sido TOUPA quen me ten ofrecido o meu primeiro contacto sensorial e gustativo coa cervexa. Naqueles calorosos días de verán angazando na herba e subindo as gabelas o remolque, os descansos ao pé das cerdeiras, eran refrescados por uns, para min, primeiros grolos de cervexa Skol, logo chegando a eira e facendo os palleiros.

Xa neste século, participando nun plan integral da Deputación de Lugo, e organizando obradoiros de elaboración de cervexa, vai callando a idea de elaborar unha cervexa ecolóxica.

Ese compromiso que TOUPA poñía no coidado da terra quixemos incorporalo a ese mesmo compromiso que nós poñemos na elaboración da cervexa.

TOUPIÑA, como cariñosamente me refería a TOUPA, tiña que ser o nome da nosa cervexa, e no mesmo preténdese condensar todo ese amor e a nosa paixón en ofrecer o mellor sabor. Tense traballado arreo, téñense realizado moitas catas a cegas até comprobar que se elaborou un bo produto. É despois deste proceso cando se decide lanzalo ao público. Gustamos de que os consumidores e os coñecedores da cervexa gocen de TOUPIÑA.

Cerveza EP 22

Sobre nós

Deleita os teus sentidos coa nosa cervexa artesá

Usamos os mellores ingredientes para elaborar as nosas cervexas de calidade. Dende o noso obradoiro no rural cremos na importancia do produto…

Ingredientes ecolóxicos

Un produto ecolóxico é aquel que se elabora a partir de ingredientes naturais, cultivados de forma respectuosa co medio ambiente.

O 100% dos ingredientes deben ser de orixe ecolóxica e sempre se identificará o produto co selo da Unión Europea.

sello ecoloóxico

A nosa visión

Continuar co legado de Toupa, producindo unha cervexa artesanal e ecolóxica.

A nosa misión

Desenvolver unha marca única e artesanal, con produtos 100% galegos, con sabor moi de aquí.

Os nosos obxectivos

Fomentar a cultura e a cervexa de Lalín, cun producto ecolóxico e colaborando con outras empresas que sigan esta metodoloxía de traballo.